3 de enero de 2012

A Wikipedia en galego acada os 80.000 artigos

O pasado día 31 de decembro a Galipedia sobrepasou os 80.000 artigos conseguindo este ano unha nova marca de creación de artigos. Pouco a pouco a wikipedia en galego vai medrando e xa se está comezando a artellar o próximo obxectivo: acadar os 100.000 artigos, sen renunciar, iso si, á calidade que procuramos manter sempre.

Neste ano 2012 a Galipedia celebrará o seu noveno aniversario e tentará seguir mantendo o seu crecemento coa axuda de tódolos seus colaboradores habituais e de tódalas persoas que queran aportar os seus coñecementos e esforzo para facer medrar este proxecto. E este esforzo será a entrada para o décimo aniversario que será o 8 de marzo do 2013.

1 comentario: